tag:blogger.com,1999:blog-7395595338757797102.post3824961502062182265..comments2022-12-07T17:05:25.876+01:00Comments on JeanFrujo: Máis sobre os homes de solJeanfrujohttp://www.blogger.com/profile/12519399251512787998noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-7395595338757797102.post-6319253121738412102011-01-03T23:42:40.792+01:002011-01-03T23:42:40.792+01:00Aínda que sexa con retraso, moitas grazas Daniel. ...Aínda que sexa con retraso, moitas grazas Daniel. Gústame iso da "xente de febra mol", expresión que nunca escoitara, e que no Ribeiro diríamos "de freba mol". E para os "homes de sol", 3-2 é un bonito resultado (tampouco se trata de meterlle unha riolada).
Espero novas achegas túas.Jeanfrujohttps://www.blogger.com/profile/12519399251512787998noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7395595338757797102.post-62586281601399501562010-10-22T19:46:54.108+02:002010-10-22T19:46:54.108+02:00Pásoche información que encontrei nun libro sobre ...Pásoche información que encontrei nun libro sobre o tema dos homes de sol, a ver se desfacemos o empate 2-2, que esa expresión, realmente moi, moi fermosa, ben o merece!

Na páxina 190 do libro: "Historia dunha aldea galega. Coas mans encol do lume", de Manuel Rodríguez Troncoso,
(http://www.andelvirtual.com/tev/catalogo/ver.php?pid=7409)
no apartado UNIDADES DE MEDIDA, di:

Temos que citar ademais "altura dun home" como unidade que serve para medi-la altura do sol (aproximadamente unha hora antes de poñerse).

E na páxina seguinte, no apartado: O RELOXO SOLAR E A HORA DO LABREGO, comenta:

"Botábase man igualmente á altura do Sol sobre o horizonte, como dixemos máis enriba, para fixa-lo tempo; e ó intre en que se vía o Luceiro. Dicíase, por exemplo, "bota o gando pró monte cando vaia o sol á altura de dous homes, e tráeo despois de que naza o luceiro". Curiosamente empregábase pois, de unidade de medida, ás veces, a "altura dun home", de "medio home" ou "dous homes". Non sei se os habitantes labregos doutras comarcas afastadas utilizaban esa "unidade", a "altura do home" sobre o horizonte. Si que se tiña en conta no Ribeiro (Ribadavia), a tres leguas da nosa aldea, segundo se pode deducir pola seguinte copla e outras que hai nesa comarca:

"Os señoritos da Vila
son xente de febra mol:
déitanse cando as galiñas
con medio home de sol".

Guntín, a pesar de estar na montaña, áchase preto do Ribeiro, polo que non é de estrañar que esta forma de medi-lo tempo sexa común nas dúas zonas.
(Guntín, segundo comenta o autor deste libro, é unha aldea da parroquia do Oroso, concello de A Caniza (bisbarra de A Paradanta, no S.L. da provincia de Pontevedra) )

Curiosamente, no artigo de Alonso Montero sobre a carta de Sofía Cordal, hai dous cantares que, neste caso, fan referencia á hora de madrugar (e non á de deitarse):

"Os señoritos da vila
son xente de 'moito' fol:
os días soltos 'madrugan'
con catro homes de sol".

"Hai xente tan preguiceira
na terra destes lambós
que se erguen co día alto
con home e medio de sol".Danielhttp://ameixeiro.blogspot.com/noreply@blogger.com