tag:blogger.com,1999:blog-7395595338757797102.post4343093785593856927..comments2022-12-07T17:05:25.876+01:00Comments on JeanFrujo: O apelido Casares. De nobrezas e xenealoxíasJeanfrujohttp://www.blogger.com/profile/12519399251512787998noreply@blogger.comBlogger6125tag:blogger.com,1999:blog-7395595338757797102.post-71249189772962740052013-06-03T23:25:26.534+02:002013-06-03T23:25:26.534+02:00Estimado don Eduardo. Releo o meu texto e consider...Estimado don Eduardo. Releo o meu texto e considero que expresa con bastante claridade o que penso das xenealoxías e dos libros correspondentes. Tamén me reafirmo en todo o que escribín sobre a natureza toponímica e múltiple do apelido Casares. As referencias que dou do padre Feijóo, Américo Castro, Caro Baroja ou Unamuno, son suficientes para ver que as miñas opinións respecto das xenealoxías non son nada novidosas. Pero todo iso nada ten que ver con que vostede poida ser ou non descendente do tal escultor Francisco Casares, circunstancia que eu descoñezo, pero que, en último caso, non parece moi difícil de investigar. Polo demais, aínda que non nos coñecemos persoalmente, teño noticias polo diario La Región das súas “Folliñas…”, que lerei con moito gusto. Tamén sigo con interese as súas colaboracións e as do seu conveciño Antonio Carreño, e non hai que desbotar que calquera día nos atopemos por esas fermosas terras de Parada do Sil. Saúde.Jeanfrujohttps://www.blogger.com/profile/12519399251512787998noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7395595338757797102.post-18287488604387324752013-06-02T01:03:43.435+02:002013-06-02T01:03:43.435+02:00Este comentario ha sido eliminado por el autor.Eduardo PRIETO CASAREShttps://www.blogger.com/profile/15526771001883044259noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7395595338757797102.post-82847458963258613432013-06-02T01:02:49.489+02:002013-06-02T01:02:49.489+02:00Este comentario ha sido eliminado por el autor.Eduardo PRIETO CASAREShttps://www.blogger.com/profile/15526771001883044259noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7395595338757797102.post-55228521575663801492013-06-02T01:01:43.778+02:002013-06-02T01:01:43.778+02:00A carta ó Director de "La Región", como ...A carta ó Director de "La Región", como é obvio, non pretende ser un estudo científico do apelido Casares, de ai o “disque” que vostede cita. Con esta palabra, “disque”, “seica”… comezaba o meu avó os contos, de cando neno. Eu non quero demostrar nada, só é un divertimento, un conto (entre no meu blog: Contos da Ribeira Sacra). Así e todo, non me negará os datos que aparecen no censo de Ensenada de1756:<br />-Francisco Casares, escultor y tallista. -Viaxou de Cantabria a Parada de Sil. <br />Se a estes datos, engadimos a existencia dun retablo barroco, agora na parroquia de Sacardebois, que luciu dende este século o mosteiro de Santa Cristina de Parada de Sil, só hai que xuntar os fíos para ver a luz do que se deduce. Aproveito a ocasión para saudalo.Eduardo PRIETO CASAREShttps://www.blogger.com/profile/15526771001883044259noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7395595338757797102.post-55227080875456714802012-10-20T20:12:17.863+02:002012-10-20T20:12:17.863+02:00A mim passa-me um pouco do mesmo: o meu primeiro a...A mim passa-me um pouco do mesmo: o meu primeiro apelido é Costa, e quando sendo um moço intentava buscar a sua orige, sempre me vinham indicar que se de Aragom, que se de Catalunha, que se de... e ponto seguido falava-se do escudo nobiliário, etc. Por suposto, a orige do meu apelido estivo máis clara quando soubem que perto da aldea donde procede a minha família está o casal da Costa.Cossuehttps://www.blogger.com/profile/00504867599625947101noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7395595338757797102.post-32105964794067231982012-10-14T11:42:19.266+02:002012-10-14T11:42:19.266+02:00Coincido con Jeanfrujo tanto no que se refire á fa...Coincido con Jeanfrujo tanto no que se refire á falta de rigor científico na afirmación que ese lector fai en La Región sobre a xenealoxía de Casares, como no "decadente" de buscar no pasado "nobrezas" para o presente.<br />Por certo, un deses lugares en Galicia que leva o nome de Casares está na parroquia de Santa María de Baamorto, no concello de Monforte de lemos, a escasos quilómetros de onde naceu Antonio Casares.Ramón Cidhttp://www.lhc-closer.esnoreply@blogger.com