tag:blogger.com,1999:blog-7395595338757797102.post8428215263111023767..comments2022-12-07T17:05:25.876+01:00Comments on JeanFrujo: De Longoseiro a Eva Longoria, pasando por LongosJeanfrujohttp://www.blogger.com/profile/12519399251512787998noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-7395595338757797102.post-46501715213208653132009-11-16T00:26:51.803+01:002009-11-16T00:26:51.803+01:00O profesor don Edelmiro Bascuas faime chegar un am...O profesor don Edelmiro Bascuas faime chegar un amable correo que desde aquí agradezo. Realiza ademais un interesante comentario: por dificultades fonéticas, non cree que Lóngara veña do latín longula, a opinión máis estendida, senón do sufixo átono –aro, -ara, presente en palabras coma gállara, cáscara, búcaro (Gramática Histórica ... García de Diego, px. 269), e, por exemplo -digo eu-, Míllara, ‘Tierra sembrada de millo miúdo (ant.). Fue muy común antiguamente por toda Galicia. En Esgos, Our. millal "finca de maíz"’ (definición que dá Elixio Rivas nas Frampas II), ou Gándara (tamén Gandra e Gandarela). Creo que ten razón don Edelmiro. Iso explicaría que no Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA) non se rexistre nin unha soa vez longula, nin Longula nin Longora. Non obstante aparecen ata nove casos para Longara. Esta probable relación de Longara, Longra, e outros topónimos galegos, co sufixo átono –ara tamén fora apuntada por Dieter Kremer (Onomástica Galega ... pp. 10-11).<br /><br />Ó fío disto, descubro algo interesantísimo: Lóngara: s. f. Finca o parcela de terreno de forma alargada (Morrazo). En algunos lugares tiene el mismo valor la palabra lata (Frampas II, Elixio Rivas). O que demostra que a hipótese sobre a forma dos pobos e as parcelas que aventuraba no post ten moitos visos de ser verdadeira. Agora parece clara a razón pola que non aparecían Longueiras nin Longoeiras toponímicas en Galicia; xa tiñamos outra palabra para iso: Lóngaras.<br /><br />Un segundo apuntamento de don Edelmiro: Longarela é un barrio de Mondoñedo que se caracteriza por ser longo e estreito, non aleixado. Coincide co significado que se apuntaba como máis probable para este topónimo. As miñas dúbidas sobre a posibilidade de algún destes topónimos, que presentan o tema longo, teña que ver con lonxe, parte, entre outras cousas, dunha das acepcións que dá o diccionario Houaiis para a palabra portuguesa Lângara: ‘aleijado’.Jeanfrujohttps://www.blogger.com/profile/12519399251512787998noreply@blogger.com