Mostrando entradas con la etiqueta Magris. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Magris. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de enero de 2018

Virtuosos

Gústame escoitar música cando leo. Habitualmente clásica, suave e harmoniosa, seleccionada entre os meus discos ou sintonizada na radio. Non obstante, desde que teño internet na televisión, cada vez é máis frecuente que escolla un vídeo de algún concerto en youtube. Normalmente non lle presto atención ás imaxes, pero algunhas interpretacións resultan tan magnéticas que non podo evitar atendelas. Pasoume esta semana co fermosísimo concerto para violín de Mendelssohn, interpretado pola norteamericana Hilary Hahn e a Sinfónica de Frankfurt, e pasárame uns días antes co concerto para piano en mi menor de Chopin, coa xove xaponesa Aimi Kobayashi ó piano acompañada da Filharmónica de Varsovia. E foi a contemplación do virtuosismo desas dúas incribles solistas a que me animou a escribir algo sobre un tema tan complexo coma interesante: o relacionado coa busca da perfección na realización dunha actividade, ou mesmo con pretender alcanzar o xenio creativo e a gloria coa mesma.
Ocorre que vivimos na sociedade da tiranía do éxito, na que constantemente se nos di que con esforzo calquera pode conseguir o que se propoña: e conviría saber que iso é radicalmente falso. Claro que un debe esforzarse por facer as cousas o mellor posible, e iso resulta beneficioso para todos, pero a intelixencia tamén lle debería indicar ata onde poden chegar as súas posibilidades: tentar superalas resulta perigoso. Porque non basta coa formación e co esforzo para ser un virtuoso: son necesarias certas capacidades e talentos naturais, e nun grao extraordinario cando o que se pretende é estar entre os mellores. Aínda máis, se nos restrinximos ó xenio artístico, nin sequera a posesión de tales capacidades e talentos asegura a creación dunha obra mestra. Aristóteles pensaba que o xenio era veciño da tolería, e W. Benjamin da laboriosidade; eu estou máis con S. Zweig, que consideraba a capacidade creadora dos xenios un misterio, ou mellor dito miles de misterios: «pois cada artista engade  ó gran arcano da creación un novo misterio».
A sensación de pracer e admiración que me inundaba escoitando os dous concertos que antes citaba, era moi semellante á que se sinte cos grandes da literatura: con Cervantes, con Shakespeare, con Montaigne, con Proust,..., con Rosalía. Sobre o xenio literario tamén teñen indagado moitos: Zweig, Bloom, Steiner,... Pero como simple escribidor, incapaz de xenialidade algunha e aspirante tan só a que se comprendan os meus textos, quedo cun par de páxinas de C. Magris, nas que  escribe: «O papel é bo, porque ensina humildade... Quen escribe unha páxina e media hora despois, esperando o tranvía, ve que non entende nada, nin sequera o que escribiu, aprende a recoñecer a súa propia insignificancia... insignificancia do escribir... que pode alisar o camiño a unha máis fraternal e recíproca indulxencia.». E conclúe: «O papel ensina a non tomalo demasiado en serio»... Talvez todo ensina iso mesmo.


Artigo publicado no diario La Región o domingo 21 de xaneiro do 2018.


domingo, 18 de octubre de 2015

A literatura e as fronteiras



A semana pasada coñecíase o nome da premiada este ano co Nobel de literatura: Svetlana Aleksiévich. Periodista e escritora recoñecida nos países do centro e do norte de Europa pero practicamente descoñecida en España, é un claro exemplo do que Claudio Magris denomina escritores de fronteira. Dise que é bielorrusa, xa que esa é a súa nacionalidade, pero residía ultimamente en Alemaña e naceu en Ucraína, cando esta aínda formaba parte da Unión Soviética. A historia recente e a súa mirada crítica, tanto da Rusia de Stalin coma da de Putin, que se estende tamén á autoritaria Bielorrusia de Lukashenko, tenlle feito experimentar en carnes propias a odisea das fronteiras: que se cruzan, pero que logo se trasladan, desaparecen, volven a aparecer… Fronteiras que saben moito de exilios, de intimidacións, de medos, de violencias, de crimes… Non obstante, escribe Magris, as fronteiras, comezando polas da propia casa, son necesarias; porque sen elas non habería posibilidade de distinción nin de identidade, nin se podería conformar ningún tipo de individualidade, nin persoal  nin colectiva. E nada coma as terras de fronteira para propiciar a creación literaria; porque a boa literatura sempre escolle xogar na fronteira, na raia dun conflicto con dous ou máis lados.

As fronteiras de Svetlana son múltiples, pero por encima das xeográficas e das políticas que a definen sobresae outra, a que xunta e separa dous territorios en permanente conflicto dentro do ser humano: o da utopía e o do desencanto. A súa utopía, xunto coa de millóns de cidadáns da extinta Unión Soviética, entrevira nos noventa unha nova vida dentro dun socialismo democrático e máis humano. Vinte anos despois, o seu desencanto e o de tantos outros confirma que nada diso chegou, e algo peor: que o autoritarismo e os nacionalismos  volven campar por eses territorios e contan cun maioritario apoio social. A obra de Svetlana, conxunto de crónicas de diversos momentos dramáticos da Unión Soviética (II Guerra Mundial, Guerra de Afganistán, Chernobil),   construídas coas narracións directas dos protagonistas que máis sufriron neles, denuncia tanto o fracaso da utopía comunista como o da anhelada saída democrática,  unha saída que Svetlana considera moi complicada para as xeracións que ela chama do “homo sovieticus”, formadas por persoas as que «lles ensinaron a morrer polo país, pero non a ser felices».

E non deixa de sorprender que, á vista de todo iso, a fronteira na que máis se fixaron os medios de comunicación despois da concesión do galardón fose na da literatura co periodismo; presentando este Nobel como o  primeiro que premia un traballo periodístico. Esta última presentación resulta ademais discutible: Hemingway, premiado en 1954, tamén era reporteiro e as súas novelas sobre a guerra civil española teñen un indubidable fondo periodístico, o mesmo cós relatos sobre o Gulag de Solzhenitsy, premiado en 1970. E sobre a discutida fronteira entre literatura e periodismo, en España sabemos ben ata que punto ten resultado permeable e productiva na nosa historia literaria:  Larra, Azorín, Ortega, D´Ors, Gómez de la Serna, Camba, Pla, Cunqueiro, Delibes, Umbral,... De feito, coido que foi Umbral quen resolveu de xeito definitivo este dilema de se o periodismo é ou non é literatura: primeiro, proclamando a Quevedo como o seu inventor; e segundo, concedéndolle  a categoría de xénero literario con todas as da lei e con tres fins moi concretos: «mantener a los ciudadanos avisados, a las putas advertidas y al Gobierno inquieto».

Artigo publicado no diario La Región o sábado 17 de outubro do 2015

sábado, 7 de diciembre de 2013

Algo en que creer

Hay dos tipos de enemigos del pueblo:
 los que vociferan y los que fingen estar asqueados.
Marc Bloch

Américo Castro consideraba a España un país de creyentes más que de pensantes. Pero hoy todo el mundo insiste en el descrédito de nuestras instituciones. Parece que nos hemos vuelto descreídos  sin que conste avance alguno en lo de pensantes. En poco tiempo pasamos de presumir de democracia ejemplar, de organización territorial avanzada y de monarquía moderna, a despotricar de todo ello: la democracia sólo vale para alimentar a políticos corruptos, el régimen de las autonomías fue una gran equivocación, y la monarquía es una antigüalla de la que hay que prescindir en beneficio de la república. Como ya apuntara en 1931 Josep Pla, en España, en cuanto ocurre un colapso económico y la gente deja de ganar el dinero, en lo primero que se piensa es en cambiar de régimen. 
Por otra parte, resulta indignante la forma en que, con evidente sorna e indisimulado desprecio, hablan algunos de instituciones centrales de nuestra democracia, confundiendo a menudo la institución con sus representantes –una confusión siempre perversa-. Lo cierto es que, como señaló el gran escritor italiano Claudio Magris, «el desprecio puede resultar un juego fácil», pero siempre es peligroso. Nunca se debería olvidar que la desafección de las clases medias a la democracia, en la depresión de los años treinta, fue la causa fundamental del triunfo del fascismo en Europa. 
Está demostrado que muchos representantes de nuestras instituciones han sido corrompidos por el dinero. Pero las instituciones son lo más valioso que tenemos. Y pese a todo: los jubilados cobran sus pensiones; muchos parados reciben prestaciones; los colegios, centros de salud y hospitales, donde, en general, somos atendidos de forma gratuita, abren cada mañana, y disponemos de recursos impensables hace tan solo tres décadas. Y todo eso, que antes no existía, descansa sobre nuestras denostadas instituciones. Hay grandes deficiencias, abusos y desigualdades en la democracia española, nadie debería negarlo, pero la arquitectura del estado social y democrático de derecho ha sido la única que ha demostrado ser capaz de corregirlas convenientemente. Hoy, día de la Constitución, conviene recordarlo; lo mismo que lo que escribió Edmund Burke, padre del liberalismo conservador británico, hace dos siglos: «toda sociedad que destruye el tejido de su Estado no tarda en desintegrarse en el polvo y las cenizas de la individualidad.». Y algo de eso está pasando ahora con el  neoindividualismo posesivo y consumista en que vivimos, que convierte al enriquecimiento personal en única ética universal, en perjuicio de lo público, y condena a amplias capas de la población de sociedades intrínsecamente ricas a la miseria. Y esto resulta intolerable. Los jóvenes, principales perjudicados por esa situación, deben manifestar su rebeldía y su disconformidad, pero, como apuntó el malogrado historiador británico Tony Judt, sin perder la fe en las instituciones democráticas, y concretamente en el poder de los votos. «El hombre rebelde» de Camus sabe decir no a ciertas cosas, pero no lo niega todo. 
Y a los insensatos que, usando del chascarrillo y la rechifla institucional, parecen estar predicando el fin de un régimen, sin que se acierte a saber lo que proponen a cambio, recordarles una advertencia de Keynes: «No basta con que el estado de cosas que queremos promover sea mejor que el que le precedió; ha de mejorar lo suficiente como para que compense los males de la transición.». Porque toda transición tiene sus males; y los males, como bien sabe el pueblo, tampoco se distribuyen de forma equitativa.

Artículo publicado en el diario "La Región" el 6 de diciembre de 2013