sábado, 24 de septiembre de 2011

Neutrinos por OPERA


O outono parece que entra con forza. O día preséntase baixo unha néboa intensa, aínda que pola tarde din que estará soleado. Nos cristais que están ó norte, detecto por primeira vez a condensación típica dun día de inverno. E fai algo de frío.

Almorzando, escoito na radio a noticia sobre un experimento que podería poñer en dúbida un dos postulados da teoría da relatividade especial de Einstein, aquel que di que a velocidade da luz é un máximo, e que o seu valor é independente do sistema de referencia: un dos piares da física moderna. Era o que nos faltaba! ... Acudo a internet e, en efecto, o denominado experimento OPERA fixo públicos onte uns resultados, relativos á medida da velocidade duns feixes de neutrinos de alta enerxía, que demostrarían que tales partículas  terían viaxado a unha velocidade superior á da luz. Segundo eses resultados, os neutrinos,  no seu desprazamento entre o CERN de Xenebra, lugar onde foron producidos, e un laboratorio subterráneo no Gran Sasso, en Italia, a 730 km do CERN, terían realizado o percorrido en 60 nanosegundos menos cá luz (que tardaría 2,4 milisegundos): «..si el resultado anunciado fuera cierto. Sería uno de los mayores descubrimientos desde 1898, cuando Michelson y Morley establecieron que la velocidad de la luz es la misma para todo observador en movimiento no acelerado…», opina Álvaro de Rújula, un dos físicos españois de máis prestixio internacional, nun interesante artigo (Más rápido que su sombra) que publica no diario El País, no que, por certo, se amosa máis ben escéptico con respecto a estes resultados: « En mi opinión, la reacción más razonable al resultado de OPERA es preguntarse dónde está el sutil error. En estas ocasiones hay que hacer más experimentos antes de vender la piel del oso. Y mojarse. Si el resultado se comprueba me corto la tiza, como los samuráis quiebran su sable.». Ben… Eu, na miña ignorancia, non apostaría algo tan valioso: resístome a crer que na Física –coma en calquera outra disciplina- estea escrita a última palabra. Paréceme que, do mesmo xeito que os resultados do experimento de Michelson e Morley deron lugar a unha Física baseada en novos postulados, nalgún momento  os resultados  doutros experimentos obrigarán a revisar estes nos que agora creemos. Por que o OPERA non podería ser un deles? Máis prudente me parece a postura de Hawking: «É pronto para sacar consecuencias». Tamén resulta importante darse conta de que eses novos postulados, no caso de que se establecesen, non van enterrar ós actuais, simplemente serán os que se deberán aplicar nuns contextos determinados. Do mesmo xeito, os postulados de Einstein non me eximiron a min nin ós meus alumnos de estudar as leis de Newton, perfectamente válidas en tódolos sistemas nos que resultan insignificantes os efectos relativistas –por certo, a maioría dos sistemas que coñecemos o común dos mortais-. Claro que, resulta comprensible que nunha sociedade tan desexosa de acontecementos espectaculares –por algo se ten denominado a sociedade do espectáculo- coma a nosa, unha postura de calma e normalidade tal vez non sexa a que mellor se venda.

O que me asombra de verdade é a revolución que supuxo INTERNET. Onte fixéronse públicos estes resultados, e onte mesmo calquera individuo tan insignificante coma min, en calquera parte do mundo, puido ter acceso á roda de prensa que deron os membros do equipo que realizou o experimento e ó texto integro do propio traballo: esta si que é unha verdadeira revolución, impensable hai tan só vinte anos. Polo demais, quedareime cunha gran verdade que aparece no artigo de  Álvaro de Rújula: “a luz viaxa máis rápida có son, de aí que, en xeral, todos parezamos máis intelixentes antes de falar” (e máis guapos, segundo xa se sabía).

Agora, está saíndo o sol. Comprobo que permanece aí e que nós seguimos xirando ó seu derredor segundo o establecía a Lei de Gravitación Universal de Newton. É unha grande, fermosa e tranquilizadora noticia. Vou a celebrala.

O Carballiño, 24 de setembro do 2011


Adenda de 10 de xuño de 2012

Einstein tiña razón. Catro experimentos desmontan o erro dos neutrinos máis rápidos cá luz. 

Máis información no artigo "Zanjado: Einstein tenía razón" do mesmo diario de 09/06/2112. Tamén resulta moi interesante a opinión sobre este asunto de Cayetano López, físico e director do Ciemat: "Un resultado incómodo".

5 comentarios:

Ramón Cid. dijo...

Ola a todos. Estou de acordo co impacto da nova. Tanto porque está en xogo un marco teórico da Física que leva dando grandísimos resultados desde hai cen anos, e doutro pola gran conmoción que está a producir nos medios de comunicación.
Na miña opinión, e desde a ignorancia nos aspectos máis profundos do tema, hai moitas facianas que considerar.
Dunha parte está o tema da cantidade de evidencias sobre o cumprimento de que a velocidade da luz é un máximo da natureza, o que invita a pensar que nalgunha parte do experimento hai un erro sutil non considerado, como en efecto comenta Rújula. Hai que ter en conta que se está a falar dun pequenísimo valor por riba da velocidade da luz. Se estivésemos a falar dun valor bastante maior a cousa sería diferente. Téñanse en conta, por exemplo, que o tempo varía coa gravidade e por tanto pequenísimos cambios de gravidade no traxecto dos neutrinos desde o CERN ata Gran Sasso podería producir distorsións temporais inaprezables pero que producirían incertidumes nas medidas que poderían ser do orde do exceso de valor atopado. É dicir, hai moitos efectos sutiles difíciles de ter manexar que poderían cuestionar un resultado tan lixeiramente diferente ao "esperado".
Outra faciana ten que ver con desde logo co feito de todos os cambios importantes na Física supuxeron ter que vencer inercias importantes nos físicos da época. Podería ser este o caso? Estaríamos xa que logo contemplando a loita desesperada da maioría dos físicos para defender o status quo actual, como xa ten ocorrido noutras ocasións, cando a Relatividade ou a Mecánica Cuántica comezaron a aparecer en escena.
Unha terceira cuestión que ninguén ten comentado, pero que para min non sería desprezable, é a necesidade de publicidade que o CERN precisa. Hai que dicir que de momento o LHC non está a producir grandes achádegos e as necesidades de financiación son importantes. Estaría isto na liña de crear expectación para que os paises que pagan a factura vexan que paga a pena seguir facéndoo?
Unha cuarta cuestión, tampouco comentada, ten que ver co feito de que unha parte importante do equipo sexa italiano. En fin, os italianos, mesmo na ciencia, son bastante amigos da polémica e capaces de "arrimar" os datos na dirección que "se precise".
Hai unha quinta consideración, que tampouco se comenta, que a min me ten un tanto confuso. A física que se aplica para chegar ás conclusións que agora se anuncian é precisamente a física relativista. Pero supostamente eses resultados poñen en dúbida a súa validez. Non parece isto un pouco inconsistente? É dicir, próbase que a teoría está mal utilizando esa teoría como ferramenta !!!
En todo caso, e como non pode ser doutro xeito en ciencia, haberá que esperar a que outros experimentos independentes cheguen a mesma conclusión.
De momento o importante é que se fale disto, porque é unha forma de dar valor á ciencia.

Jeanfrujo dijo...

Interesantes reflexións, Ramón. Por certo, no artigo de Álvaro de Rújula non acabo de entender por que introduce, entre as posibilidades evidentes e descartables, a de que teñan masa os neutrinos. Non está clara esta cuestión ou é que entendo mal o que escribe?

Aproveito para dicirvos que o vindeiro día 5 de outubro estará Álvaro de Rújula en Vigo, no Auditorio do Concello ás 19,00 horas. Un día antes estará Sánchez Ron (ás 17,00). Trátase dunhas xornadas de filosofía que organiza o Grupo Aletheia e que, este ano, estarán centradas no Universo.

rcid@terra.es dijo...

Ola de novo.
A verdade é que a partir do que comenta Rújula parece deducirse que descarta que os neutrinos teñan masa. Sen embargo, e ata onde eu lembro, a propiedade de que os neutrinos "oscilan" entre os tres tipos que hai mentres viaxan, require que teñan masa, e isto xa esta verificado. Creo que a masa en repouso ten un límite m < 0,23 eV.
Precisamente o experimento OPERA estuda desde hai tres anos como os neutrinos tipo muónico (producidos no CERN) se converten en tipo taónico na súa viaxe ata Gran Sasso.
Haberá que lle preguntar a Rüjula en Vigo o que quería dicir.

Amando dijo...

Amigo Frujo:
Gracias por tu comentario en 'Roucos'. ¡Neutrinos! Y seguimos resolviendo el día a día como, casi, los habitantes de Las (a pesar de Internet).
Hablas de W. Benjamin. Años ha que me ayudó a mirar y ver. Y, hablando de ver, a ver cuándo probamos o tinto novo.
Salud (tengan o no masa los neutrinos)

Jeanfrujo dijo...

Tiña razón Rújula: había un erro. Onte na Voz de Galicia saía este breve e clarificador artigo.

EL RIGOR SALE FORTALECIDO
José D. Edelstein
31 de marzo de 2012 05:00

No hay neutrinos superlumínicos. Varios experimentos han refutado en los últimos días al experimento Opera. La flamante renuncia de su portavoz debe interpretarse como la aceptación definitiva de este hecho. Albert Einstein, cuya teoría de la relatividad quedaría en jaque a manos de tan presurosos neutrinos, puede descansar tranquilo, sentencian frívolamente los medios. Pero no hay vacas sagradas en las ciencias naturales. La razón por la que los físicos nos resistimos a aceptar el resultado de Opera no es un conservadurismo larvado ni una devoción especial por Einstein. Miles de experimentos anteriores demostraban la validez de la relatividad en condiciones similares. Esto no quiere decir que esta no pueda ser refutada. Pero es prácticamente imposible que lo sea en esta clase de experimentos.

Contra lo que pueda parecer, este episodio deja a la luz el sólido andamiaje de la física. Los miembros de Opera actuaron honestamente, publicando un resultado que juzgaban correcto. La comunidad científica lo examinó escrupulosamente y el esperado error apareció. El rigor del pensamiento científico salió fortalecido. Es esto, y no la vanidad presuntuosa, lo que habría dejado satisfecho a Einstein.