viernes, 23 de diciembre de 2011

Bo Nadal


Amigos, di o saber popular que “nunca choveu que non escampara”. Anímovos para que, nestas datas tan sinaladas, non vos deixedes levar polo pesimismo destes tempos difíciles. Non estamos para despilfarros, e menos do noso tempo. O conto de Dickens emerxe de novo con forza para reclamar de todos ese espírito do Nadal, tan beneficioso. Lémbrovos o remate do conto:

«…sempre se dixo del (do señor Scrooge) que sabía manter o espírito do Nadal coma ninguén. Oxalá se poida dicir o mesmo de nós, de todos nós! E, como dixo Tiny Tim, que Deus nos bendiga a todos!».

Pois, que así sexa!

Como agasallo, aí vos vai esta panxoliña tan fermosa que cantabamos en San Clodio:

Pola media noite
Cando o galo canta
Nunha vila santa
Que se chama Belén

Nunhas pobres pallas
Nun pobriño establo
Naceu malpocado, Xesús
Xesús noso ben

E morto de frío
Xa non tiña tento
E dábanlle alento
A mula e o boi

Pastorciños novos
Que andades co gando
Ó noso meniño
Traédelle un año

Traédelle ó neno
Algunha cousiña
Traédella logo, traede
Traédella axiña

Vamos pois correndo
Buscar un añiño
Para regalarlle
Ó noso meniño

Bo Nadal

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Gracias Frutos.
A túa inquedanza e añoranza polo que se perde é ben patente.
Semella que ese senso tan familiar, que ata se ulía nas rúas, vai máis baixo que o Arenteiro no mes de agosto.

unha aperta e que teñas un bo ano, ti e os teus.

Anónimo dijo...

Tamén eu añoro moito o pasado e ese tempo de cereixas que foi a nenez; nestas datas ata parece que me ule a roupa a carbón da central térmica de Ponferrada e iso que agora vivo a uns 200 quilómetros de distancia. Como moi ben dixo Rilke,a patria, á parte da patria, é a nenez. Unha aperta para ti, amigo Frutos, e para todos os homes e mulleres de boa vontade que aínda quedan.

Cossue dijo...

Apertas, Frutos! Bo Nadal, boas festas e feliz aninovo!

Anónimo dijo...

Bo Nadal tamén para ti, leído e querido celta Cosssue; que estes días teñas un tempo de cereixas.

Jeanfrujo dijo...

Pois, moitas grazas a todos, tamén ós que me enviastes a felicitación por e-mail. Aí vai outro agasallo, este de parte de Carlos Núñez “Le vieux”, unha panxoliña que se cantaba pola Mezquita a finais do XIX: Con un sombreiro de palla/ un galego a Belen foi/ e cando adoraba-o neno/ coméulle o sombreiro o boi !...
Vaia por Deus!

Anónimo dijo...

de ese tempo de cereixas recordo aquelas misas do " galo " en San Clodio, aqueles nacementos tan ben montados donde quedabamos abraiados da sua naturalidade. Felices festas para ti a para os teus na procura de que das cereixas non so quede a carabuña.

¡ABURIÑO!
carolus primus punxin

almariada dijo...

Linda a panxoliña, muito obrigada, não conhecia as panxoliñas, agora andei a pesquisar na internet e aprendi alguma coisa :)

Bo Nadal

m t dijo...

Pola media noite
cando o galo canta
nunha vila santa
que chaman Belén

metido entre pallas
e morto de frío
naceu
Xesús noso ben

e morto de frío
non tiña sostento
e dábanlle alento
a mula e o boi,
o boi a mula,
a mula, o boi

e nosoutros , henchidos
de gozo e contento,
imos buscar
unha prenda
que ao recén nacido
podamos levar