sólo el ejemplo predica,
sólo él encierra verdad,
no los tratados ni los discursos.
Ingenuidad aprendida
Javier Gomá Lanzón
A semana pasada, os medios de comunicación informaban da designación de Arantxa Sánchez Vicario como capitana do equipo feminino de tenis español da Copa Federación. A decisión da Federación Española foi aplaudida desde a maioría dos medios, que facían fincapé no excelente palmarés da afamada ex-tenista e nos seus éxitos nesa competición. En ningún caso se lembraban os problemas que a ex-tenista tivo con Facenda. Como é ben sabido, o Tribunal Supremo condenou a Arantxa no ano
Tamén foron moi soados os problemas fiscais da alemana Steffi Graf, unha das mellores tenistas da historia e rival de Arantxa en moitas ocasións. Non obstante, as consecuencias dos deslices fiscais de Steffi en Alemaña foron moi distintas ás de Arantxa en España: ademais de pagar tódalas débedas coa facenda alemana, o pai da tenista, administrador das ganancias da filla, pasou 18 meses no cárcere, e ela foi apartada do equipo da Copa Federación en 1995, ano no que, por certo, gañou España, liderada por Arantxa. Ah! Houbo unha consecuencia común para as dúas tenistas: a Steffi Graf tamén lle deron o premio Príncipe de Asturias do deporte, en 1999.
-Exemplaridade pública neste país?...
-Ah, si!… ¡Pepe, mándame outra de funcionarios á grella!!
-Marchando!!
First we take Berlín, then we take Madrid….
2 comentarios:
pero e que en españa inda se presume de sisar a Facenda, así que os que defraudan son herois nacinais.
disfrutei tamén do video, xa había que non viñera esta canción perto de min
Moi bo iso de outra de funcionarios á grella, mais os anteriores políticos tamén non demonizaban moito; somos un verdadeiro choio para a clase política, fan con nós o que lles peta; por agora o único grupo político que non nos utilizou arteiramente foi o bloque; espero e desexo que non o faga nunca, se chega a ter a oportunidade de facelo. Iso, outra de funcionarios a la parrilla, que son unha panda de ladróns e vagos, marchandooo....
Publicar un comentario