lunes, 23 de abril de 2012

Vicent, Julio Camba e a chegada da República




Que don Julio Camba sería un buen embajador,
 está fuera de toda duda.
 Juega al póquer como los ángeles.
Josep Pla


Esta semana comezou a publicarse en Babelia, suplemento cultural do País,  unha nova serie de artigos de Manuel Vicent. A serie -que promete- leva por título Periodistas Literarios e estrease co artigo Un anarquista bajo la cúpula del Palace, dedicado a Julio Camba (1884-1962). 

O escritor e periodista de Vilanova de Arousa foi persoeiro controvertido. No político, pasou da anarquía militante a colaborar en periódicos das máis diversas ideoloxías, do monárquico ABC ó republicano El Páis, máis tarde foi crítico feroz da República (Haciendo de República) e, por último, rematou defendendo o réxime de Franco. Tal vez a definición que dá Vicent de “señorito anarquista” sexa bastante acertada. Eu diría que Camba, como case todo o mundo, fixo o que puido para tratar de conseguir o que quería, que no seu caso era, fundamentalmente, vivir ben, ser un bon vivant. Para iso dedicouse a aquilo que mellor sabía facer que era escribir maravillosamente. Ninguén pode poñer en dúbida que Camba foi un escritor brillante -un dos mellores-, nin que a ironía que destila o seu humor –profundamente galego- sexa unha das de máis quilates da literatura española, comparable en ocasións á de autores ingleses da talla de Chesterton, Wilde ou mesmo de Sterne; non obstante,  sinto que, ás veces, esa chispa humorística de Camba non me alimenta o suficiente, tal vez porque o humor, por si só e aínda que sexa crítico, case sempre resulta apoloxético. E todo iso sen contar cos seus posicionamentos sobre a lingua galega, que non comparto en absoluto. De tódolos xeitos, recoñezo ter certa predisposición negativa contra o hedonismo, e Camba foi un exemplo de practicante consecuente desta filosofía da vida, unha das preferidas polos españois sempre que a ocasión foi propicia. E no seguimento desta doutrina no solar hispano o periodismo literario -Vicent incluído- xogou, e xoga, un papel que nunca se pode considerar desprezable.

Pero o que me empuxou a publicar este texto non foi dar unha opinión sobre a obra de Julio Camba, cuestión para a que resulta obvia a miña incompetencia, senón achegar a descrición  que fai Josep Pla, outro integrante obrigado da serie de Vicent, en El Advenimiento de la República dun encontro que tivo con  Julio Camba, na noite do 14 ó 15 de abril de 1931, á entrada do hotel Palace:

«Bien entrada la madrugada

…En ésas, veo a don Julio Camba entrar por la puerta del hotel. Da la impresión de haber engordado: llevaba tiempo sin verlo. Tiene la cara brillante, las facciones algo congestionadas, se tambalea un poco. Habrá pasado la noche celebrando el advenimiento, con algunos amigos.

         ¡Sí! – me dice con un habla algo atropellada-. He venido a Madrid por lo de la República. Aspiro a una embajada. Tengo méritos, creo yo, suficientes. He vivido casi toda mi vida en el extranjero. Conozco varios idiomas, no también como Xammar, desde luego. De joven fui anarquista. Lerroux  lo sabe y espero que lo tenga en cuenta.

En efecto, valdría la pena tenerlo en cuenta, pero estos humoristas profesionales como Camba nunca se sabe si hablan en broma o hablan en serio. Que don Julio Camba sería un buen embajador, está fuera de toda duda. Juega al póquer como los ángeles.»

A cita parece ir en contra da afirmación de Vicent, e doutros autores, de que Camba estaba en Nova York o 14 de abril, e tamén da de que Camba non sabía idiomas. Habería que aclarar iso. Polo demais, tal vez Pla non teña o humor de Camba, pero a min aliméntame moito máis.

En suma, a lectura de La casa de Lúculo resulta tan obrigada coma gozosa, pero, aproveitando as conmemoracións que acabamos de celebrar e certos episodios que estamos a vivir, tampouco estaría mal darlle un repaso a El Advenimiento de la República de Pla.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

"Julio Camba no sabía idiomas, pero suplía esta carencia con la agudeza de los ojos." Evidentemente o don Vicent, como adoita facer, escribe deixando ben claro que non ten nin idea do tema sobre o que pontifica. Calquera que teña lido algo de Julio Camba sabe que este autor dominaba (e inisito no verbo) como mínimo o inglés, o francés e o alemán, e teño a sensación de que tambén sabía turco (este fora o seu primeiro destino no extranxeiro).

O de falar de Julio Camba como un 'bon vivant' e nada máis non é máis que o tópico facilón. Julio Camba organizou con só 16 anos unha impresionante folga xeral en Buenos Aires, pero precisamente o que alí viu convenceuno de que os pretendidos revolucionarios, se algún día chegaban ó poder, únicamente empeorarían as cousas. O que viu en España levouno ás mesmas conclusións. A súa crítica ós nacionalismos supón unha crítica ós racismos (que daquela eran a base obvia dos nacionalismos: "es obvio que usted es un celta"; ¿cantos aínda hoxe siguen crendo no carácter celta da galeguidade?).

Jeanfrujo dijo...

O anónimo comentario lévame outra vez a Julio Camba. No tema dos idiomas parece claro que, observando a biografía de J. Camba (non só “lendo algo”), a afirmación de Vicent resulta errónea. Atopo na rede un artigo de J.A. Otero Ricart, no Faro de Vigo, “Julio Camba, filósofo celta”, que aporta un dato relevante a este respecto: “Su indiscutible brillantez como periodista no siempre gozó del reconocimiento oficial. Es más, a pesar de llevar décadas en la profesión no fue hasta 1951, con 69 años, cuando pidió al Gobierno de Franco el título de periodista. En el documento resume su trayectoria profesional, los idiomas que domina -francés, inglés, italiano, alemán y portugués- y reconoce con humildad que no tiene ningún tipo de estudios.”.

Polo demais, agradezo e respecto o comentario, aínda que non comparto o seu ton, como tampouco comparto acusación persoal algunha (como a que se fai de M. Vicent) que non vaia seguida do nome e dos apelidos de quen a proclama. Acepto o do “tópico facilón”, pero invito a que o “anónimo” se poña en contacto con Fermín Galindo, profesor de periodismo, e editor da web julio.camba.com, na que observo como usa o mesmo “tópico facilón” que a min –na miña confesada ignorancia arredor de Julio Camba- se me ocorrera. E iso de que Julio Camba “organizou” unha folga xeral en Bos Aires con só 16 anos paréceme extraordinario; tan extraordinario coma incrible mentres non se aporten datos comprobables que apoien tal afirmación…