Lector: perdóname;
yo soy un pobre hombre que, en los ratos de
vanidad,
quiere
aparentar que sabe algo, pero que en realidad no sabe nada.
Azorín
Con
todo o que está pasando no país resulta difícil escribir algo sen pensar que
carece da máis mínima importancia, salvo que ese algo estea relacionado coa
crise. Unha e outra vez as noticias sobre a pésima situación da economía e as
súas consecuencias perturban o que debería ser a vida tranquila dos individuos,
exposta xa de por si ós innumerables perigos do azar. Un conecta a televisión,
le un periódico ou escoita unha radio e non pasa un minuto sen que algún
persoeiro destacado, sexa político, empresario, sindicalista, economista,
periodista ou artista, non fale da “ crise que estamos pasando…”. E sempre
que escoito iso lembro un fragmento de La Ruta de don Quijote, de Azorín, un libro de
deliciosa prosa que supera con moito a categoría das crónicas de viaxes. Nese
fragmento, Azorín conta como, cando saía de Madrid, estando na estación do tren,
mentres esperaba para sacar o billete, lle preguntou a un paisano se ía a
Argamasilla de Alba, ó que o paisano contestou:
-Sí; yo voy a Cinco Casas.
A
resposta sorprendeu ó escritor, que preguntou
como era posible ir a Argamasilla e a Cinco Casas.
-Argamasilla es Cinco Casas; pero todos le llamamos Cinco Casas... –contestou
o paisano-.
A
reflexión de Azorín non ten desperdicio:
«Todos ha dicho mi nuevo amigo. ¿Habéis oído bien?
¿Quiénes son todos? Vosotros sois ministros; ocupáis los Gobiernos
civiles de las provincias; estáis al frente de los grandes organismos
burocráticos; redactáis los periódicos; escribís libros; pronunciáis discursos;
pintáis cuadros; hacéis estatuas... y un día os metéis en el tren, os sentáis
en los duros bancos de un coche de tercera, y descubrís -profundamente
sorprendidos- que todos no sois vosotros (que no sabéis que Cinco
Casas da lo mismo que Argamasilla), sino que todos es Juan, Ricardo,
Pedro, Roque, Alberto, Luis, Antonio, Rafael, Tomás, es decir, el pequeño
labriego, el carpintero, el herrero, el comerciante, el industrial, el
artesano. Y ese día -no lo olvidéis- habéis aprendido una enorme, una eterna
verdad...»
A eses
destacados políticos, empresarios, sindicalistas, periodistas, artistas…, que
utilizan sen ningún rubor a primeira persoa do plural, para confundirse con todos, cando falan da crise,
proporíalles eu un exercicio de aprendizaxe. O exercicio consistiría nunha
especie de Plácido de Berlanga, pero invertido: en pasar un mes vivindo
nun fogar onde todos ou a maioría dos seus membros estivesen no paro e sen
prestación algunha; evidentemente, os famosos persoeiros vivirían sen os seus
coches, sen os seus soldos, sen as súas tarxetas de crédito, sen a axuda dos
seus influíntes amigos,…. Terían que gañarse a vida coma todos. E, incluso poderíamos ampliar estas prácticas a persoeiros
menos ou nada destacados, coma nós, que falamos da crise e, en moitos casos,
non sabemos nin media de tal cousa.
A
segunda reflexión que me gustaría facer ten que ver coa historia, concretamente
coa de España no século XVI. Esa historia conta como o príncipe herdeiro,
Carlos de Austria e Portugal (1545-1568), fillo de Felipe II e da súa primeira
muller, María Manuela de Portugal, morreu nos seus aposentos, en circunstancias
nunca ben aclaradas, despois de ser confinado alí polo seu propio pai,
preocupado polo comportamento atolado do príncipe e pola súa participación en
varios complots en contra del. A causa principal da súa morte relacionouse
oficialmente coa constitución débil e enfermiza do herdeiro, que estaría vinculada co feito de que os pais eran primos carnais por dobre vía. Non
obstante, na lenda negra asegúrase
que foi o rei en persoa quen mandou asasinar ó príncipe para salvar a continuidade
do Imperio. Segundo a lenda, o
verdugo encargado do magnicidio díxolle ó príncipe no momento de poñerlle a
soga no pescozo:
- Paz, paz, señor don Carlos, que todo esto se hace por su bien!
Niso
penso eu cada vez que escoito ós nosos políticos ou á señora Merkel falar do
ben que nos van a producir as políticas que aplican.
1 comentario:
Ver guión cine de Azorín sobre "La Ruta..." en
www.azorin.org
Publicar un comentario