Cabaceiros en Salamonde, 3 de febreiro do 2012
Cabaceiros en Salamonde, 3 de febreiro do 2011
Un año, un suspiro.
--- en veinte suspiros un niño se hace hombre,
en otros veinte madura y en veinte más envejece.
Miguel Delibes
Hai agora un ano publicaba unha entrada que levaba por título Galicia, por imaxe eses cabaceiros de Salamonde e por texto o máis breve deste blog: «O estado da cuestión». A fotografía fora sacada o día de San Blas, festividade que merecera outra entrada: 40 suspiros. Un suspiro despois, o estado da cuestión é o que aparece na primeira fotografía. Que vos parece?
Soamente pasou un suspiro, pero a señora Lola de Bieite xa non estaba vendendo as rosquillas no San Blas. Ocupaba o seu posto unha rosquilleira de Mesego que non pasaba dos trinta suspiros. Todo corre e nada cambia.
Que é o tempo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario