O artigo En defensa del federalismo, de Javier
Tajadura Tejada, profesor de dereito constitucional da UPV, é unha lúcida
análise de como se podería afrontar o enorme desafío que supón o establecemento
dunha nova vertebración de España. Pero para iso habería que supoñer unha
intelixencia de partida que talvez non exista.
Visión
totalmente oposta á de Tajadura Tejada sería a de Roberto Blanco Valdés, outro
catedrático de dereito constitucional, este omnipresente nos medios de
comunicación galegos. Blanco Valdés, coa suficiencia a que nos ten acostumados,
escribe sobre La obsesión territorial ysus acomodadores. Declarado partidario dun maior centralismo, fala con desdén
dese federalismo “sobre el que tantos se pronuncian sin saber de lo que
hablan”. Lémbrome terlle escoitado dicir, con grande asombro pola miña parte,
que “España ya es de hecho un estado
federal!”. Pasaría que calquera político, para contentar á parroquia, ou eu,
dada a miña ignorancia, dixera iso, pero que o diga un catedrático de dereito
constitucional clama ó ceo… Onde está o foedus
‘pacto, alianza’ do que nace
calquera federación?
Volve o mellor
Manuel Rivas: A lección.
Unha estancia
no Chelsea Hotel, navegar polo Mediterráneo, tomar un whiski ou saborear un
croasant poden ser recursos narrativos moi valiosos, pero perden gran parte da
súa eficacia cando se converten nun fin en si mesmos… Nesas andaba Vicent, pero
el non naceu para analizar o sexo dos anxos con bo estilo. Gústalle a boa vida,
coma a case todos, pero non brilla cando escribe sobre ela… Nin falta que lle
fai!: Sin pilotos, é unha magnífica
mostra de todo o que é capaz de dicir en dezasete liñas de texto. Este é o
Vicent que prefiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario