lunes, 2 de enero de 2012

Madrid - Berlín



…en el terreno moral,
sólo el ejemplo predica,
sólo él encierra verdad,
no los tratados ni los discursos.
Ingenuidad aprendida
Javier Gomá Lanzón

A semana pasada, os medios de comunicación informaban da designación de Arantxa Sánchez Vicario como capitana do equipo feminino de tenis español da Copa Federación. A decisión da Federación Española foi aplaudida desde a maioría dos medios, que facían fincapé no excelente palmarés da afamada ex-tenista e nos seus éxitos nesa competición. En ningún caso se lembraban os problemas que a ex-tenista tivo con  Facenda. Como é ben sabido, o Tribunal Supremo condenou a Arantxa no ano 2009 a pagar máis de tres millóns de euros en concepto de impostos por defraudar ó fisco entre os anos 1989 e 1993. O Tribunal Supremo considerou probado que a tenista tiña a súa residencia en España, e non en Andorra como ela pretendía demostrar para non pagar impostos. Iso non impediu que no ano 1998 se lle outorgase o máis prezado galardón que se concede neste país, o Premio Príncipe de Asturias do deporte.

Tamén foron moi soados os problemas fiscais da alemana Steffi Graf, unha das mellores tenistas da historia e rival de Arantxa en moitas ocasións. Non obstante, as consecuencias dos deslices fiscais de Steffi en Alemaña foron moi distintas ás de Arantxa en España: ademais de pagar tódalas débedas coa facenda alemana, o pai da tenista, administrador das ganancias da filla, pasou 18 meses no cárcere, e ela foi apartada do equipo da Copa Federación en 1995, ano no que, por certo, gañou España, liderada por Arantxa. Ah! Houbo unha consecuencia común para as dúas tenistas: a Steffi Graf tamén lle deron o premio Príncipe de Asturias do deporte, en 1999.

-Exemplaridade pública neste país?...

-Ah, si!… ¡Pepe, mándame outra de funcionarios á grella!!
-Marchando!!

First we take Berlín, then we take Madrid….

2 comentarios:

zeltia dijo...

pero e que en españa inda se presume de sisar a Facenda, así que os que defraudan son herois nacinais.

disfrutei tamén do video, xa había que non viñera esta canción perto de min

Anónimo dijo...

Moi bo iso de outra de funcionarios á grella, mais os anteriores políticos tamén non demonizaban moito; somos un verdadeiro choio para a clase política, fan con nós o que lles peta; por agora o único grupo político que non nos utilizou arteiramente foi o bloque; espero e desexo que non o faga nunca, se chega a ter a oportunidade de facelo. Iso, outra de funcionarios a la parrilla, que son unha panda de ladróns e vagos, marchandooo....