Se un consulta o Nomenclátor de Galicia atopará o nome da freguesía de LONGOSEIROS e o do lugar de LONGOSEIROS, dentro dos topónimos rexistrados no concello do Carballiño. Ese nome, referido á devandita parroquia e lugar, repítese noutros rexistros tan importantes coma o Nomenclátor de España do INE, o mapa 1:25000 do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), folla 187-I, nas edicións de 1976 e 2002, ou no mapa 1:5000 do Sistema de Información Territorial de Galicia (SITGA). Deste xeito, LONGOSEIROS é o nome que figura na maioría das publicacións recentes que se refiren a esta freguesía, incluído o meu libro Nomes do Ribeiro. Non obstante, ó analizar documentación máis antiga, dinme conta que o verdadeiro nome do lugar e da parroquia é LONGOSEIRO e non LONGOSEIROS. Será suficiente dar os seguintes datos:
Unha vez me decatei desta circunstancia, púxena en coñecemento do Concello do Carballiño e do secretario da Comisión de Toponimia de Galicia mediante senllos escritos. Tal como me temía, ningunha das dúas institucións se dignou a dar contestación algunha ós meus escritos, aínda que soamente fose para agradecer a información que lles fixera chegar.
Evidentemente, o que me levou a fixarme nesta diverxencia toponímica non foron nin os prexuízos prácticos que se poden derivar do dobre nomeamento, aínda que teñan a súa importancia, nin moito menos a crenza en que, da noite para a mañá, as institucións deste país cambiaron e están interesadas en escoitar ós cidadáns cando non son elas as que preguntan. Non, o que espertou o meu interese foi a singularidade do topónimo e o valor que pode ter a presencia ou ausencia do s final para a súa interpretación. Ás veces pequenas diferencias na forma dun topónimo revélanse fundamentais para dar co seu significado. Lembro agora canto tempo pasei buscando algunha referencia documental que me demostrase que o nome antigo do lugar de Elfe, na freguesía do Barón (O Carballiño), era A Elfe. Ninguén lembraba que ese fora o seu nome no pasado, pero eu estaba convencido que así debía ser. Nese caso o nome podería vir dun antigo posesor de nome Adelfus, segundo unha evolución, por falsa segmentación, Adelfi > A Elfe, que logo remataría en Elfe. Foi grande a miña satisfacción cando nun antigo documento notarial atopei o que buscaba: A Elfe. Pois ben, neste momento non sei con seguridade a importancia que pode ter a ausencia do s final en Longoseiro, pero alguén pode descubrila. E, en todo caso, o nome do pobo é Longoseiro e non Longoseiros, do mesmo xeito que o de Roucos é Roucos, e non Rouco; ou o meu é Frutos, e non Fruto.
Habería que escribir agora sobre o significado de Longoseiro. Iso levaranos a un tema difícil e aínda non resolto: a importante presencia do tema longo na toponimia e o seu significado, un tema que rebasa as fronteiras de Galicia. Pero, queda para outro día.
- Documentais: A primeira referencia que atopo sobre a parroquia é do ano 1267. Nun documento do Mosteiro de Oseira referente a unha venda cítase a Pedro de Dios clerigo de Longoseyro. A mesma denominación aparece de forma repetida nos apeos de San Martiño Pinario (Século XVI), no Catastro de Ensenada (1753) e no Diccionario Madoz (1845-1850).
- Cartográficos: No Mapa do Reino de Galicia de Tomás González (1784) figura o lugar de Longoseyro. Na Carta de Fontán (1845) aparece Longoseiro. No Mapa 1:50000 do Instituto Geográfico y Catastral de España de 1946, tamén figura Longoseiro.
- De campo: Cando se consulta ós veciños máis vellos da parroquia, recoñecen que o nome verdadeiro é LONGOSEIRO.
A alteración toponímica semella ser moi recente pois aínda resulta común ver nalgúns indicadores das estradas o nome de LONGOSEIRO.
Unha vez me decatei desta circunstancia, púxena en coñecemento do Concello do Carballiño e do secretario da Comisión de Toponimia de Galicia mediante senllos escritos. Tal como me temía, ningunha das dúas institucións se dignou a dar contestación algunha ós meus escritos, aínda que soamente fose para agradecer a información que lles fixera chegar.
Evidentemente, o que me levou a fixarme nesta diverxencia toponímica non foron nin os prexuízos prácticos que se poden derivar do dobre nomeamento, aínda que teñan a súa importancia, nin moito menos a crenza en que, da noite para a mañá, as institucións deste país cambiaron e están interesadas en escoitar ós cidadáns cando non son elas as que preguntan. Non, o que espertou o meu interese foi a singularidade do topónimo e o valor que pode ter a presencia ou ausencia do s final para a súa interpretación. Ás veces pequenas diferencias na forma dun topónimo revélanse fundamentais para dar co seu significado. Lembro agora canto tempo pasei buscando algunha referencia documental que me demostrase que o nome antigo do lugar de Elfe, na freguesía do Barón (O Carballiño), era A Elfe. Ninguén lembraba que ese fora o seu nome no pasado, pero eu estaba convencido que así debía ser. Nese caso o nome podería vir dun antigo posesor de nome Adelfus, segundo unha evolución, por falsa segmentación, Adelfi > A Elfe, que logo remataría en Elfe. Foi grande a miña satisfacción cando nun antigo documento notarial atopei o que buscaba: A Elfe. Pois ben, neste momento non sei con seguridade a importancia que pode ter a ausencia do s final en Longoseiro, pero alguén pode descubrila. E, en todo caso, o nome do pobo é Longoseiro e non Longoseiros, do mesmo xeito que o de Roucos é Roucos, e non Rouco; ou o meu é Frutos, e non Fruto.
Habería que escribir agora sobre o significado de Longoseiro. Iso levaranos a un tema difícil e aínda non resolto: a importante presencia do tema longo na toponimia e o seu significado, un tema que rebasa as fronteiras de Galicia. Pero, queda para outro día.
3 comentarios:
Viví de niño desde 1951 hasta 1964 en O Carballiño donde, de aquella, se denominaba Longoseiro, sin "s" final.
Gracias por tu testimonio. Está muy claro que la forma auténtica es "Longoseiro". Pero en nadie (autoridades municipales incluidas) he observado el menor interés por frenar la introducción de la forma deturpada "Longoseiros". Ni siquiera en los que, cargados de ignorancia, solicitaban airadamente, no hace tanto, que se condenase a "pulpo" como "castelanismo" o "castrapo", y que ahora cantan sin rubor alguno la "Pulpeiriña do Carballiño"... En fin: ver para creer!
Publicar un comentario