lunes, 24 de septiembre de 2012

O problema catalán



Nos ha tocado vivir y gobernar
 en una época en que Cataluña
 no está en silencio, sino descontenta,
 impaciente y discorde
Manuel Azaña, 1932

A gran manifestación de Barcelona do pasado día 11 reclamando a independencia para Cataluña abre unha importante crise política en España, que vén sumarse á outra na que estamos inmersos, a económica. A coincidencia das dúas simplemente corrobora a verdade do coñecido dito popular: “a can fraco todo lle son pulgas”.

A maioría das análises que podemos ler nos periódicos coinciden na gravidade do diagnóstico, e tamén en buscar culpables da situación na que nos atopamos, se ben a identidade destes últimos depende, como resulta obvio, da ideoloxía de quen realiza a análise. Concordo eu coa gravidade do problema, pero disinto totalmente cos que tratan de presentalo como unha simple cuestión de culpables e inocentes. O “problema catalán” non é novo,  forma parte do máis xeral e nunca resolto da vertebración de España: trátase dun problema de tipo crónico, que existe desde que España é España. Hai enfermidades do mesmo tipo, das que nunca se cura, pero que poden levarse aceptablemente  cun tratamento médico axeitado combinado cuns hábitos de vida saudábeis, que impidan, dentro do posible, manifestacións de tipo agudo, que poderían resultar fatais para o enfermo.  Un tratamento semellante recomendara Ortega para o problema que nos ocupa en célebre discurso nas Cortes da II República, en maio de 1932, cando se discutía o Estatuto de Cataluña: «yo sostengo que el problema catalán, como todos los parejos a él, que han existido y existen en otras naciones, es un problema que no se puede resolver, que sólo se puede conllevar, y al decir esto, conste que significo con ello, no sólo que los demás españoles tenemos que conllevarnos con los catalanes, sino que los catalanes también tienen que conllevarse con los demás españoles.».

Vén ó caso a referencia de Ortega por ter sido unha das mentes que de xeito máis lúcido se ocupou do problema catalán dentro do contexto da propia definición de España. Os seus discursos parlamentarios xunto coa súa “España Invertebrada” resultan, talvez hoxe máis ca nunca,  lectura obrigada para todo aquel que queira orientarse con criterio no complicado labirinto da vertebración de España. Unha proba do seu acerto é que as súas teses resultaron desagréables á toutes les sectes (que diría Pierre Bayle), e Ortega foi vituperado tanto polo nacionalismo español coma polos nacionalismos periféricos.

Vía Ortega no problema catalán un caso corrente de “nacionalismo particularista”: “tendencia sumamente clara, que se apodera de un pueblo o colectividad y le hace desear ardientemente vivir aparte de los demás pueblos o colectividades…Este, señores, es el caso doloroso de Cataluña; es algo de que nadie es responsable… es su terrible destino, que arrastra angustioso a lo largo de toda su historia… obseso por el problema de su soberanía…”. Agora ben, consideraba Ortega que o problema de Cataluña tiña que ver en exclusiva co xeito de ser dos cataláns? Non, por certo! O problema dos nacionalismos particularistas que se presentaba en España, sobre todo en Cataluña e no País Vasco, relacionábao Ortega, fundamentalmente, co xeito en que se exercera o poder central en España: “cuando una sociedad se consume víctima del particularismo, puede siempre afirmarse que el primero en mostrarse particularista fue precisamente el Poder central. Y esto es lo que ha pasado en España. Castilla ha hecho a España y Castilla la ha deshecho.”. Atención tertulianos e cronistas varios! Como escribía onte Manuel Rivas no País, en España fálase moito dos “separatistas” e moi pouco dos “separadores”!

Para os que pensan que basta aplicar a lei e punto, que son moitos, dicirlles que Ortega, pola contra, pensaba que o tratamento do problema do nacionalismo non era unha cuestión dunha lei nin de dúas, nin sequera duns Estatutos mellores ou peores: «los nacionalismos sólo pueden deprimirse cuando se envuelvan en un gran movimiento ascensional de todo un país, cuando se crea un gran Estado, en el que van bien las cosas… Un Estado en decadencia fomenta los nacionalismos: un Estado en buena ventura los desnutre y los reabsorbe. ». Ortega coñecía ben a historia de España, e sabía que a transformación do catalanismo rexionalista ou federalista, coa súa linguaxe de dobre patriotismo (linguaxe que, por certo, sempre mantiveron no nacionalismo galego Losada Diéguez e Castelao), transfórmase en nacionalismo de patria única na última década do XIX, xusto a que marca a gran decadencia de España como país: «Senyors: Vinc a parlar-vos de la Pàtria Catalana que, petita o gran, és l’única pàtria nostra» (Prat de la Riba, 1890). Aquela nova xeración de catalanistas, encabezada por Prat de la Riba, xa defendía a creación dun Estado propio catalán asociado ós outros Estados nacionais ibéricos, dentro dun Estado Federal. Por esa época tamén se escoitaron as primeiras voces independentistas, caso da do poeta Joan Maragall. E sería da man da crise do 98 de onde veu o primeiro grande impulso para o nacionalismo catalán, que levaría, de feito, á entrada do catalanismo na política española. Non debemos esquecer que o primeiro gran triunfo electoral dos nacionalistas cataláns, nas xerais de 1901, tivo como antecedente a negativa do goberno de Silvela a cumprir coas súas esixencias: Deputación única para Cataluña e concerto económico. Si, daquela xa se pedía o concerto económico, e tamén se negou! En que rematou aquela negación rotunda? No primeiro gran triunfo electoral do nacionalismo catalán!

Pero, volvamos a Ortega. Para el, os nacionalismos catalán e vasco non eran alarmantes polo simple feito da mera afirmación nacionalista, senón «por lo que en ellos hay de negativo y común al gran movimiento de desintegración que empuja la vida toda de España.». Ese movemento de desintegración, que era o que máis lle preocupaba a Ortega, tiña, ó seu modo de ver, dúas causas fundamentais. A primeira, o que el chamaba “selección inversa da raza española”, consistente na incrible e continuada perversión que levara sempre a preferir para os cargos, incluso cando eran elixidos, os homes parvos fronte ós intelixentes e os envilecidos fronte ós intachábeis; niso radicaba o atraso e a falta de ciencia en España, causa última da súa inexistencia e inferioridade respecto de Europa. A segunda razón da desintegración de España tería que ver coas “masas indóciles”: «En las horas decadentes, cuando una nación se desmorona, víctima del particularismo, las masas no quieren ser masas, cada miembro de ellas se cree con personalidad directora, y, revolviéndose contra todo el que sobresale, descarga sobre él su odio, su necedad y su envidia.». «La rebelión sentimental de las masas, el odio a los mejores, la escasez de éstos –he ahí la razón verdadera del gran fracaso hispánico.». Tampouco lle dá a razón ó pobo cando clama contra os políticos: «En España… El daño no está tanto en la política como en la sociedad misma, en el corazón y la cabeza de casi todos los españoles… Cuando lo que está mal en un país es la política, puede decirse que nada está muy mal ». Que vos parece? Téñense corrixido, aínda que sexa levemente, todos aqueles males?...

Remato cunha reflexión de Américo Castro, o máis eminente entre os investigadores das orixes e das esencias do hispánico, escrita en 1965:

« El drama del pueblo catalán se identifica con el de su misma existencia, inseparable hoy del problema total de España. La "angustia" catalana y la de los restantes españoles es hoy una ineludible realidad. Todos ellos debieran tener presentes las limitaciones y los riesgos de su propia historia. Catalanes y castellanos no resolverán nada por el camino de la violencia y de la opresión. El problema es de inteligencia, de trabajo y simpatía mutuos. Las generosas entregas y las generosas renuncias han de ir entrelazadas, con olvido de los cerrados y cerriles localismos. Aunque no sea posible, esto es lo que exigirían de consuno el sentido común —y una experiencia de 1200 años.».

O meu acordo co diagnóstico de Américo Castro é total: o problema é de intelixencia, de traballo e de simpatía. Ou sexa, dunha falta alarmante de todo iso.


P.D.  De todo o que lin estes días sobre este tema, o que máis me gustou foi este artigo: “Lazos catalanes”, de Antonio Muñoz Molina.