lunes, 1 de octubre de 2012

Paga a pena


O artigo En defensa del federalismo, de Javier Tajadura Tejada, profesor de dereito constitucional da UPV, é unha lúcida análise de como se podería afrontar o enorme desafío que supón o establecemento dunha nova vertebración de España. Pero para iso habería que supoñer unha intelixencia de partida que talvez non exista.

Visión totalmente oposta á de Tajadura Tejada sería a de Roberto Blanco Valdés, outro catedrático de dereito constitucional, este omnipresente nos medios de comunicación galegos. Blanco Valdés, coa suficiencia a que nos ten acostumados, escribe sobre La obsesión territorial ysus acomodadores. Declarado partidario dun maior centralismo, fala con desdén dese federalismo “sobre el que tantos se pronuncian sin saber de lo que hablan”. Lémbrome terlle escoitado dicir, con grande asombro pola miña parte, que  “España ya es de hecho un estado federal!”. Pasaría que calquera político, para contentar á parroquia, ou eu, dada a miña ignorancia, dixera iso, pero que o diga un catedrático de dereito constitucional clama ó ceo… Onde está o foedus ‘pacto, alianza’ do que nace calquera federación?

Volve o mellor Manuel Rivas: A lección.

Unha estancia no Chelsea Hotel, navegar polo Mediterráneo, tomar un whiski ou saborear un croasant poden ser recursos narrativos moi valiosos, pero perden gran parte da súa eficacia cando se converten nun fin en si mesmos… Nesas andaba Vicent, pero el non naceu para analizar o sexo dos anxos con bo estilo. Gústalle a boa vida, coma a case todos, pero non brilla cando escribe sobre ela… Nin falta que lle fai!: Sin pilotos, é unha magnífica mostra de todo o que é capaz de dicir en dezasete liñas de texto. Este é o Vicent que prefiro.