lunes, 6 de febrero de 2012

Un suspiro

Cabaceiros en Salamonde, 3 de febreiro do 2012


Cabaceiros en Salamonde, 3 de febreiro do 2011

Un año, un suspiro.
--- en veinte suspiros un niño se hace hombre,
en otros veinte madura y en veinte más envejece.
Miguel Delibes


Hai agora un ano publicaba unha entrada que levaba por título Galicia, por imaxe eses cabaceiros de Salamonde e por texto o máis breve deste blog: «O estado da cuestión». A fotografía fora sacada o día de San Blas, festividade que merecera outra entrada:  40 suspiros. Un suspiro despois, o estado da cuestión é o que aparece na primeira fotografía. Que vos parece?


Soamente pasou un suspiro, pero a señora Lola de Bieite xa non estaba vendendo as rosquillas no San Blas. Ocupaba o seu posto unha rosquilleira de Mesego que non pasaba dos trinta suspiros. Todo corre e nada cambia.

Que é o tempo?