viernes, 2 de marzo de 2012

Bailando con lobos



Estaba buscando na rede o magnífico, valente e lúcido artigo de Javier Marías, Bailando encima de las mesas, que aparecía o pasado fin de semana no semanario do País, e que ben podería ter titulado Bailando con lobos.  A miña intención era colocar un enlace con ese artigo ó final do post que eu publicara neste blog a raíz da condena do xuíz Garzón: Garzón: condenado “con todas as da lei".

A sorte fixo que localizase ese artigo en javiermariasblog, un feliz achado que inmediatamente pasa á miña lista de blogs. Outra coincidencia feliz é que estree este enlace cunha entrevista do propio J. Marías na que reflexiona sobre o Tristram Shandy de Laurence Sterne, esa complexa, pero divertidísima e fundamental novela inglesa do século XVIII, da que Marías foi un dos primeiros traductores ó castelán, e que, desde logo, está entre as miñas favoritas. Abro o meu volume ó azar e leo: «…tanto el hombre como la mujer soportan mejor los dolores y las penas (y, que yo sepa, también el placer) en una posición horizontal». Certísimo: nas cousas fundamentais a penas cambiamos!