Hoxe comezaron en Ourense as II Jornadas de História da Galiza. A primeira conferencia foi A Galiza: O berço dos celtas atlánticos. Correu a cargo de André Pena, un dos máis acreditados especialistas sobre o celtismo en Galicia. Para glosar a conferencia, que resultou interesantísima, nada mellor que dúas respostas que daba o mesmo conferenciante a un xornal sobre este tema:
—Un tema de actualidade e polémico: Os celtas en Galicia.
—Por que existe tal caos sobre o tema? Ben, Galicia era incontestablemente celta e sempre houbo esa tradición, incluídas estelas funerarias que se conservan perfectamente. En tempos de Murguía falábase da raza celta pero iso non era danino porque non se convertía á xente en xabrón, e para dicir que eramos máis chulos e tiñamos que ver con Irlanda e Bretaña e eramos europeos e os demais eran africanos, como distinción e darlle o toque rexionalista, que nin plantexaban cuestións nacionalistas. Trala Guerra Civil intentouse facer un movemento para a unidade de España mediante a reunificación. Decatáronse do importante que era a prehistoria e a arqueoloxía. Xuntáronse varios intelectuais do réxime de Franco, moi bos, como Dionisio Ridruejo, Antonio Tovar, Alonso del Real e algún ferrolán como Montero Díaz. Atoparon que Roma unificara España e desenvolveron a teoría de que os celtas eran altos e loiros e os íberos era baixos e morenos e que xuntos fixeran aos españois. Mandaron a Alonso del Real a Galicia para dicir que aquí non houbera celtas e que a nosa era unha cultura mediterránea. Os novos arqueólogos uníronse en torno a Alonso e fixeron os seus congresos ata que se descobren en Zaragoza unhas inscricións de lingua celta e xorden teorías como que o celta de Galicia vén de Aragón e tolerías así. En Galicia hai inscricións e imaxes dos petroglifos que son idénticas ás de toda a Europa Atlántica. Os nosos castros, forma de habitar a terra, hainos máis e mellores en Inglaterra. Os guerreiros dos castros son anteriores á conquista romana. etc. En fin, que nun momento dado dise que a cultura castrexa é a cultura propia dos galegos; que se os petroglifos nosos serían anteriores aos castros e todo iso, pero claro, os motivos dos nosos petroglifos están espallados por Gales, Irlanda, Bretaña ou Suíza... Créase unha cultura castrexa como feito diferencial galego, o cal é mentira. Nós pertencemos a una cultura céltica.
—Qué é o celta desde unha visión actual?
—Ben, non conviña que os galegos foramos distintos do resto da poboación por motivos políticos ata que aparecen en Zaragoza esas inscricións celtas; entón eran outros os celtas e nós eramos celtas subordinados a eses poucos celtas que mandaban coa nosa xénese mediterránea. Ata aquí a impostura. Hoxe a cousa cambia e fálase de áreas culturais. Nós pertencemos a unha área cultural atlántica que no Neolítico ten unhas características que a fan visible, como se do románico ou o gótico falásemos porque é un estilo europeo. Aquí xa temos un estilo: dolmens con corredor, inscricións e gravados, un tipo de cerámica e uns elementos que nos permiten falar dunha área cultural europea atlántica homoxénea que abrangue desde as illas británicas e a fachada Atlántica ata Andalucía, como hai unha área cultural mediterránea, outra centroeuropea, etc. Os lingüistas observan que esas areas culturais correspóndense tamén con áreas linguísticas, xa máis evolucionadas posteriormente, nas idades do Bronce e do Ferro, no que seguen compartindo o aire de familia. É unha xente que está en contacto, hai barcos e comercios, trafica, fala, comunícase, fan contos... a xente circula e as ideas, obxectos e tradicións son semellantes. Á parte disto, hoxe para coñecer o pasado hai unha arma excelente que é a xenética. O profesor Ángel Carracedo, de Santiago, leva 30 anos facendo análises aos seus pacientes e confirma que os galegos son etnia de seu que leva moito máis dos 5.000 ou 7.000 anos vivindo no país, posiblemente desde o Paleolítico. Coidado, os celtas non son unha raza. Razas hainas e son inocentes, e non son mellores ou peores, pero hainas, negalas é unha estupidez, o grave é que unha queira ter a supremacía sobre as demais. O profesor Sykes, catedrático de Xenética de Oxford, publicou o ano pasado o seu traballo “The blood of the isles” (“O sangue das illas”) na que confirma que os ingleses e irlandeses proveñen do norte de España e de Galicia.

André Pena, doutor en historia antiga e arqueólogo, ten a súa propia web: http://www.andrepena.org/.
Para o meu libro Nomes do Ribeiro fíxenlle un par de consultas a André Pena sobre os topónimos Domo e Eira de Mouros. Atendeume, sen coñecerme de nada, con gran amabilidade e de xeito totalmente desinteresado. É o momento de lle reiterar as miñas grazas.
As xornadas teñen un interesante programa que pode consultarse en http://www.historiaourense.org/.
O Carballiño 09-03-09
No hay comentarios:
Publicar un comentario