Agora todos din que era previsible, pero a verdade é que poucos contaban co resultado que se deu onte. Nin sequera os máis acérrimos podíamos prever un triunfo tan magnífico dos nosos. Soñamos con el toda a semana, pero de aí a prevelo ... Ademais, quen ía pronosticar isto despois dos problemas que tivemos ó principio? Desde logo foi unha victoria épica. Eu polo menos non a cantei ata o final. Ás oito, os resultados das enquisas feitas a pé de urna na xornada electoral tampouco despexaban dúbidas. Mentres, eu seguía crendo que era posible unha remontada. Asegurábanlle os trinta e nove deputados a Feijóo na TV pequena do bar cando o Kun se foi e cruzou o balón lonxe de Valdés, era o catro tres definitivo. Todos os que estabamos na taberna, uns poucos do aletí e unha gran maioría do Madrí, estoupamos de alegría. Foi un partido inesquecible. Cando íamos para a casa escoitamos algunhas bombas de palenque, non tantas coma nun Madrí-Barça, pero vese que a afección ó aletí está en alza. Grazas Kun.
02-03-09
02-03-09
No hay comentarios:
Publicar un comentario