Observo no encabezamento que entre os temas que, supostamente, trata este blog o segundo é o da toponimia. Sorprendentemente, ata o de agora, nin un só post leva esa etiqueta. Pero, meus amigos, se non hai que fiarse moito do que che ofrecen pagando, que non caberá esperar cando o ofrecido é de balde?
Supoño que algúns xa se desanimaron e deixaron de pasar por aquí. Pero, non se debe perder a paciencia antes de tempo, no caso de que quede algunha. Xa o dicía Xesús: ben aventurados os que teñen paciencia, porque recibirán a terra en herdanza. Certamente non creo que haxa problema nisto, aquí onde son eu xa pouco teñen que esperar para que lles quede toda. Pola miña parte, se queren que lles sexa franco, neste caso, e como fillo de agricultores, case me alegro de non poder presumir moito da virtude da paciencia e liberarme así da miña parte da herdanza. En último caso, de ter que coller algo, conténtome cos nomes da terra, e que sexa esta “para quen a traballe”, como é o xusto.
Escollín para comezar a falar da herdanza que pretendo un topónimo raro, un topónimo que tal vez poucos teñen escoitado: Malgrado. De feito, o nomenclator de Galicia non recolle nin un só pobo con este nome. Non obstante, a documentación medieval galega en latín rexistra algunha referencia dun castro quod dicitur Malgrado, que non é outro có núcleo orixinario da cidade de Benavente, cidade que mantivo o nome de Malgrado ata cerca do século XIII. A maioría dos autores interpretan o topónimo a partir do latín malus ‘malo, cativo, feo’ e gratum ‘grato, agradable’. Segundo esta interpretación, Malgrado signicaría algo así coma lugar ‘pouco grato’. O cambio a Benavente puido ser un caso máis, entre outros moitos, de retoponimización por motivos estéticos, tales coma os que fixeron que Peñaranda de la Perra pasase a Peñaranda de Duero, Arroyo del Puerco a Arroyo de la Luz ou Asquerosa a Valderrubio.
Nos libros do mosteiro de San Clodio veño de atopar varios topónimos correspondentes a paraxes agrícolas que poderían ser da mesma familia có Malgrado da cidade zamorana. Concretamente, na freguesía de San Clodio rexistro o topónimo Melgrande, en Cuñas (San Lourenzo da Pena) Malgrado e en Lebosende Malgrado e Melgradeira.
Nada teñen que ver eses nomes con lugares pouco gratos, ó contrario, como vamos a ver, corresponderían a lugares certamente privilexiados, alomenos no clima. Trátase, na miña opinión, de fitotopónimos, derivados do nome do antiquísimo arbusto froiteiro que dá as granadas, o malum granatum, chamado agora granado. O nome latino, malum granatum ‘froito granado’, alude á gran cantidade de graos de semente, de fermosa cor rubí, que ten a froita. Tamén recibía en latín o nome de malum punicum, porque foron os fenicios os que o trouxeron a Roma. Non é árbore característica de Galicia, tal como apuntaba Alonso de Herrera na súa Agricultura General(1513): « son árboles que quieren aires calientes, o templados, que en los lugare fríos no se pueden criar...». Ata o de agora nunca vira rexistrado este topónimo en Galicia, por iso considero importante esta achega. Tal vez sexa este un dos poucos grupos de fitotopónimos que está ausente da monumental Fitotoponimia Galega de Gonzalo Navaza, verdadeira enciclopedia sobre este tema. Pero, o Ribeiro, coma calquera terra que se queira estudar en detalle, aínda esconde moitos segredos.

Que aparezan estes topónimos en San Clodio, Cuñas e Lebosende, e soamente estean ausentes de Bieite, considerando as freguesías onde o mosteiro de San Clodio tiña o dominio case total das terras, lévame a pensar que deberon existir paraxes con nomes semellantes na maioría das parroquias do Ribeiro. O clima do Ribeiro favorece a presencia de moitas especies tipicamente mediterráneas –laranxeiras, oliveiras, sobreiras...-, e o granado, aínda que orixinario de Persia, pronto se extendeu por todo o Mediterráneo.
Xa fixara a atención nestes nomes de malgrado, melgrado e melgradeira o insigne filólogo portugués Leite de Vasconcelos, quen apuntaba na revista Lusitania en 1936: «O nome usual da arvores que dá as romans (melum granatum) era antigamente na península: melgrado, milgrado, malgrado, no territorio gallaico-português; milgrano, malgrano, mingrano, no territorio leonês... O da fruta era milgrana..., mas tambem malgranada... Modernamente, desde o sec. XV, em toda a Hespanha prevalece granado, granada... Em Portugal roman, romanzeira substituiram as formaçoes antigas... Para designar a arvore temos minglanera (em Aragao); melgradeira e mirgadeira nas alludidas regioes portugesas (Tras-os-Montes e Beira-Baixa)...»[1].
Quedou nos documentos de San Clodio o rastro toponímico do antigo nome galego da froita, malgrado, e da árbore, melgradeira. O topónimo Melgrande, que rexistro en San Clodio, sería resultado tanto da vacilación da vocal inicial coma da contaminación por palabra diferente no cambio mal> mel, mentres no cambio grado > grande estaría clara a segunda causa. Descoñezo se alguén conserva memoria da situación exacta destas paraxes. Pola información documental, sitúo o Melgrande de San Clodio cerca do linde con San Lourenzo, polo que non me extrañaría que fose o mesmo que o Malgrado de Cuñas. Sería un caso máis de paraxe (xunto ós de Galegos e Francos) que se estende polas dúas freguesías (San Clodio e San Lourenzo da Pena) neste linde que non se definiu con claridade ata mediados do século XVII. Descoñezo a situación da Melgradeira de Lebosende, pero sitúo o Malgrado desta parroquia moi preto do lugar de Eira de Mouros.
Quedaría por saber se o nome antigo de Benavente, Malgrado, corresponde a un lugar “pouco grato”, como supón a maioría, ou se trata do mesmo fitotopónimo que aparece no Ribeiro. É certo que as expresións buen grado e mal grado, tamén malgrado, son moi abundantes en castelán desde época moi antiga: «...se fazian armadas, & fazian leyes con fuego & con fierro a malgrado de aquellos qui contrastauan...», lemos nunha traducción das Vidas Paralelas de Plutarco do século XIV; «...di lo que yo faga e fazerlo he de muy buen grado e con mucho amor...», no Baladro del Sabio Merlín do século XV, ou «...mas fue Anchiles suelto a mal grado de los troyanos...» na Crónica Troiana, do século XIII. Non obstante, o topónimo é bastante máis antigo. Rexístrase por primeira vez nunha doazón da raíña Urraca á igrexa de Compostela no ano 1115. Anselmo López Carreira aporta datos de abondo sobre a pertenza a Galicia (aínda a vella Gallaecia) de parte de Zamora e Salamanca na época de Reimundo e Urraca, así coma de Portugal. Por todo iso, non me extrañaría que o nome do castro que ocupaba o solar onde se asenta a cidade de Benavente nada tivese de lugar de mal fado ou de lugar pouco grato, e fose o mesmo fitotopónimo que eu atopo no Ribeiro, que reflectía simplemente o vello nome galego do granado.
Lembro granados nas miñas paisaxes da infancia. Concretamente un en Barzamedelle, do que comín algunha granada á sombra dunha moreira que había no patio dunha fermosa casa. A casa, moi preto do regueiro que baixa de Agra, pertencía a unha muller solteira que agora estou vendo: tiña a cara pencosa, a expresión bondadosa e un fermoso cabelo de cor avermellado. Do que non me lembro é do seu nome. Non sabía eu daquela a cantidade de efectos beneficiosos que tiñan as granadas sobre a saúde, máis ben parecíame unha froita para levar á boca se non había outra á man. Herrera dicía delas que las granadas más pertenecen para medicina, que para vianda. Tampouco sabía que en China se ofrecía ós noivos unha granada no día da súa voda para asegurar unha nutrida descendencia (supoño que pola multitude de pivides que ten a froita). As políticas de control da natalidade deberon eliminar esas prácticas entre os chineses, pero non estaría de máis estudar a posible repoboación do Ribeiro con granados. Non creo que fose menos eficaz plantar media ducia destas árbores en cada aldea do Ribeiro ca tódalas políticas que practican os nosos governos para frear o despoboamento. Encima, sairíanos moito máis barato.
O Carballiño 16-05-09, día de feira, que non valeu nada: choveu todo o día.
[1] Leite de Vasconcelos (1936); “Observaçoes sobre alguns textos lyricos da antiga poesia peninsular” en Revista Lusitania, px. 13.
No hay comentarios:
Publicar un comentario